Despóis do éxito do seu primero disco Mónica de nut Trío, mellor disco do 2012 según a revista Distrito Jazz, chega a nova proposta Dos fíos invisibles chegan as cores, no mesmo selo discográfico Freecode Jazzrecords e coa producción de Pista Catro Productora de Soños.
Mónica de nut canta acompañada polo guitarrista Virxilio da Silva e coa colaboración de Marcelo Dobode na percusión tradicional e Javi JDjazz na trompeta e fliscorno.
A cantante segué a insistir na combinación da música clásica, o jazz, o rock e a tradición galega; música palleira, mestura de razas e estilos, dispersión sonora que acouga nas tripas. A esperanza está no inesperado, nos fios invisibles que traen as cores que van chegando.
DOS FIOS INVISIBLES CHEGAN AS CORES Premiado dobremente!!!! Mellor disco na categoría de Músicas do Mundo Premios Martín Códax da Música 2014. Entre os 5 mellores discos de jazz do 2014. http://www.club1906.es/noticia-jazz/ los-5-mejores-discos-espano les-de-jazz-de-2014/ Máis info e adquisición do disco: www.monicadenut.com
PRÓXIMO CONCERTO:
7 de Febreiro na Cidade da Cultura (CdC)
dentro do festival ESCENAS DO CAMBIO