Intervencións de rúa

Coas Intervención de Rúa, Mónica de nut achega o canto ao cotidiano interaccionando cos viandantes nas situacións máis inesperadas, rompendo esquemas e sons.

A esperanza está no inesperado

 

 

NON TE CORTES COA ÓPERA

Soprano lixeira ofrécese como peluquera en plena rúa coa promoción dous por unha: aria de pelo + aria de ópera. Non é o barbeiro de sevilla nin canta a Rossini pero para un corte de puntas pódeche cantar un Caccini.

 

 

 

ALBORADA, CANTO PARA ESPERTAR O DÍA

O canto de raíz galego convertido en alborada. Llamada a la fiesta, canto ritual de bienvenida, o canto alborado leva a luz ós lugares máis insospeitados.

 

 

Máis info: www.monicadenut.com

Acerca de admin

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Licenciada en canto lírico en Escuela Superior de canto de Madrid, titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Vigo, diplomada en Maxisterio Musical na Universidade de Vigo. Estudia canto tradicional na Etrad de Vigo e jazz en Escola Estudio de Compostela e no SPJ de Pontevedra e ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva, gañador nos Premios da Música Martín Códax 2015 na categoría de músicas do mundo. Ten participado en montaxes operísticas, teatrais e de teatro musical, destacando a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás producido polo CDG, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Esta entrada fue publicada en Noticias. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.