Mónica de nut canta con Tender a Man, actuación de poesía, música e danza liderada pola poetisa Yolanda Castaño. O pasado 25 de outubro en Munich, Bavaria, ofreceron o seu repertorio nas instalacións do Instituto Cervantes.
http://www.songkick.com/concerts/9902473-tender-a-man-at-ampere
http://www.facebook.com/pages/Tender-a-man/135590929861629
Acerca de admin
Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Licenciada en canto lírico en Escuela Superior de canto de Madrid, titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Vigo, diplomada en Maxisterio Musical na Universidade de Vigo. Estudia canto tradicional na Etrad de Vigo e jazz en Escola Estudio de Compostela e no SPJ de Pontevedra e ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea.
Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo
Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva, gañador nos Premios da Música Martín Códax 2015 na categoría de músicas do mundo.
Ten participado en montaxes operísticas, teatrais e de teatro musical, destacando a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás producido polo CDG, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Esta entrada fue publicada en
Noticias. Guarda el
enlace permanente.