RAÍCES AÉREAS, novo disco de Mónica de nut e Luís Martíns

 

cd-raices-aereas-

 

Mónica de nut, voz e electrónica, e Luís Martíns, arpa e electrónica, veñen de gravar o disco RAÍCES AÉREAS coa discográfica Freecode.

O elemento inspirador son as gravacións dos anos 50 de cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral galega. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza  mediante a experimentación coa voz e a arpa eléctrica, empregando efectos electrónicos e levando ambos instrumentos a lugares pouco frecuentes; importante salientar a formación ecléctica de Mónica de nut en canto clásico, jazz e tradicional e a faceta experimental de Luis Martíns, constructor das suas propias arpas, neste caso un híbrido entre harpa e baixo eléctrico.

 

Mónica de nut, voice and electrónica, and Luis Martíns, harp 
and electronics, have been recording the album RAÍCES AÉREAS 
with the record Freecode.

The inspiring element is the recordings of the 50s of songs 
of women who transmit all the Galician ancestral strength. 
How many raw, vital and powerful, connect us to the root 
of knowing where we came from and what is our essence. 
Hugely grateful for this spring, and with great respect, 
we recreate that inheritance through experimentation with 
voice and electric harp, using electronic effects and bringing 
both instruments to unusual places; It is important to emphasize 
the eclectic formation of Mónica de nut in classical, 
jazz and traditional and the experimental facet of Luis Martíns, 
the builder of his own harps, in this case a hybrid between 
harp and electric bass.

 



NECESIDADES TÉCNICAS PARA ARPA E VOZ:

1 linea mono para voz
2 lineas (unha estéreo) con d.i. para arpa eléctrica 
2 monitores con envío independente 
6 tomas de corrente


CACHÉ:

1200 EUROS + IVE

 

 

 

facebook: https://www.facebook.com/raicesaereasgalicia

soundcloud: https://soundcloud.com/monica-de-nut/sets/raices-aereas-novo-disco-de

web: http://www.monicadenut.com/nut/

 

Cartel_A3-raices 2

 

Mónica de nut:

http://www.monicadenut.com

https://www.facebook.com/monica.denut

Lincenciada en canto pola Escuela Superior de Canto de Madrid, especialidade de Escena lírica. Titulada en canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo. Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.

Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez. Dous discos publicados como solista (Mónica de nut trío no 2011, Dos Fios invisibles chegan as cores no 2014, Raíces Aéreas no 2016), forma parte de Banda Tosta, producida por Txalapart, Banda do último proxecto de Mercedes Peón, Projecto Minho, dirixido por Baldo Martínez, e colabora con agrupacións de folk, jazz, música  tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.

No 2012 o seu primeiro disco en solitario, Mónica de nut trío, foi considerado mellor traballo discográfico de jazz español segundo DistritoJazz. Foi premiada polo Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón 2014 pola interpretación da obra do compositor Karolis Biveinis Voicing (III parte), pola que recibiron un Silver Award da man de Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival. No mesmo ano o seu disco Dos fíos invisibles chegan as cores foi seleccionado como mellor proxecto musical na categoría de Músicas do Mundo, nos Premios Martín Códax da Música Galega, e mellor disco de jazz español segundo Estrella Galicia Club 1906. No 2015 foi finalista do María Casares de Teatro á mellor música escénica pola obra Kassa da cñía Elefante Elegante, e no 2016 foi gañadora desta categoría pola música da obra Manawee da cñía Matrioshka.

Froito da sua formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encasillar nun estilo musical concreto así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance…

 

IMG_8388

_DSC2975

 

Luís Martíns:

https://www.facebook.com/luisdealxan

Músico e luthier inicia en Vigo a sua andadura oficial no taller da EMAO no ano 1996. Alí xurde a sua atracción pola arpa, instrumento que lle acompañará dentro e fora do seu taller. Fórmase como luthier con Ramón Casal e como arpista con Rodrigo Romaní durante os 4 anos de formación académica da EMAO. Foi arpista na orquesta de música tradicional Sondeseu e no cuarteto folk Areoula. Durante a sua evolución como arpista desenvolveu un particular xeito de interpretación forxando un estilo propio que o caracteriza. Actualmente exerce como luthier no seu taller en Soutomaior construíndo arpas e outros instrumentos de corda e participa en varias formacións musicais como 3Estralos e Primordiais, xunto con Marcelo González, co que está a presentar o disco Droguería Moderna.

 

13700066_994555613946044_5392138159349822568_n

 

Prensa e televisión:

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26608

http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/raices-aereas-o-novo-disco-de-monica-de-nut-e-luis-martins

http://libreriasisargas.blogaliza.org/2016/09/05/presentacion-do-disco-raices-aereas-con-monica-de-nut-e-luis-martins/

http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2016/10/extraescolares-etrad-presentacion-do-cd.html

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/monica-nut-regresa-novo-disco-tradicional-libre/20160822202339050441.html

http://www.radiogalega.gal/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-27-09-2016-2372236

http://praza.gal/cultura/13050/monica-de-nut-ao-final-o-mais-tradicional-e-o-mais-experimental/

http://www.cultura.gal/es/evento/26975/158/30648

http://acertezadamusica.blogspot.com.es/2016/10/monica-de-nut-raices-aereas.html

http://nitope.blogspot.com.es/2016/11/monica-de-nut-uis-martins-raices-aereas.html

 

 

10387644_10152497366922937_2432712712003146894_n

 

CONTACTO:

 

Mónica de nut

www.monicadenut.com 

nut@monicadenut.com

+34 658 056 955

 

Luís Martíns:

harpaluis@gmail.com 

+34 659 507 458

 

Ana Triñanes:

anatrianes@gmail.com

+34 678 034 593

 

 

 

Acerca de admin

Mónica de nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental… Licenciada en canto lírico en Escuela Superior de canto de Madrid, titulada na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Vigo, diplomada en Maxisterio Musical na Universidade de Vigo. Estudia canto tradicional na Etrad de Vigo e jazz en Escola Estudio de Compostela e no SPJ de Pontevedra e ten experiencia na interpretación teatral e na danza contemporánea. Despois do éxito do seu primeiro disco Mónica de nut Trio, mellor disco 2012 segundo a revista Distrito Jazz, está a presentar o seu novo traballo Dos fios invisibles chegan as cores xunto co guitarrista Virxilio da Silva, gañador nos Premios da Música Martín Códax 2015 na categoría de músicas do mundo. Ten participado en montaxes operísticas, teatrais e de teatro musical, destacando a interpretación de Jenny na Ópera dos tres reás producido polo CDG, dirixida por Quico Cadaval e protagonizada por Luis Tosar.
Esta entrada fue publicada en Noticias. Guarda el enlace permanente.

Los comentarios están cerrados.