Mónica de nut, voz e electrónica, e Luís Martíns, arpa e electrónica, veñen de gravar o disco RAÍCES AÉREAS coa discográfica Freecode.
O elemento inspirador son as gravacións dos anos 50 de cantos de mulleres que transmiten toda a forza ancestral galega. Cantos crus, vitais e poderosos, conéctannos á raíz de saber de onde vimos e cal é a nosa esencia. Enormemente agradecidas por este manantial, e con moitísimo respecto, recreamos esa herdanza mediante a experimentación coa voz e a arpa eléctrica, empregando efectos electrónicos e levando ambos instrumentos a lugares pouco frecuentes; importante salientar a formación ecléctica de Mónica de nut en canto clásico, jazz e tradicional e a faceta experimental de Luis Martíns, constructor das suas propias arpas, neste caso un híbrido entre harpa e baixo eléctrico.
Mónica de nut, voice and electrónica, and Luis Martíns, harp
and electronics, have been recording the album RAÍCES AÉREAS
with the record Freecode.
The inspiring element is the recordings of the 50s of songs
of women who transmit all the Galician ancestral strength.
How many raw, vital and powerful, connect us to the root
of knowing where we came from and what is our essence.
Hugely grateful for this spring, and with great respect,
we recreate that inheritance through experimentation with
voice and electric harp, using electronic effects and bringing
both instruments to unusual places; It is important to emphasize
the eclectic formation of Mónica de nut in classical,
jazz and traditional and the experimental facet of Luis Martíns,
the builder of his own harps, in this case a hybrid between
harp and electric bass.
NECESIDADES TÉCNICAS PARA ARPA E VOZ:
1 linea mono para voz
2 lineas (unha estéreo) con d.i. para arpa eléctrica
2 monitores con envío independente
6 tomas de corrente
CACHÉ:
1200 EUROS + IVE
facebook: https://www.facebook.com/raicesaereasgalicia
soundcloud: https://soundcloud.com/monica-de-nut/sets/raices-aereas-novo-disco-de
web: http://www.monicadenut.com/nut/
Mónica de nut:
http://www.monicadenut.com
https://www.facebook.com/monica.denut
Lincenciada en canto pola Escuela Superior de Canto de Madrid, especialidade de Escena lírica. Titulada en canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Diplomada en Maxisterio Musical pola Universidade de Vigo. Estudios de jazz en Escola Estudio de Santiago de Compostela e no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Estudios de canto tradicional na Etrad de Vigo e con Mercedes Peón.
Formación corporal e danza con Mónica García, Rut Balbís, Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez. Dous discos publicados como solista (Mónica de nut trío no 2011, Dos Fios invisibles chegan as cores no 2014, Raíces Aéreas no 2016), forma parte de Banda Tosta, producida por Txalapart, Banda do último proxecto de Mercedes Peón, Projecto Minho, dirixido por Baldo Martínez, e colabora con agrupacións de folk, jazz, música tradicional, música clásica, contemporánea e montaxes de ópera e teatro. Experiencia en teatros e festivais nacionais e internacionais.
No 2012 o seu primeiro disco en solitario, Mónica de nut trío, foi considerado mellor traballo discográfico de jazz español segundo DistritoJazz. Foi premiada polo Festival Internacional de Arte de Sapporo, Xapón 2014 pola interpretación da obra do compositor Karolis Biveinis Voicing (III parte), pola que recibiron un Silver Award da man de Ryuichi Sakamoto, director convidado do festival. No mesmo ano o seu disco Dos fíos invisibles chegan as cores foi seleccionado como mellor proxecto musical na categoría de Músicas do Mundo, nos Premios Martín Códax da Música Galega, e mellor disco de jazz español segundo Estrella Galicia Club 1906. No 2015 foi finalista do María Casares de Teatro á mellor música escénica pola obra Kassa da cñía Elefante Elegante, e no 2016 foi gañadora desta categoría pola música da obra Manawee da cñía Matrioshka.
Froito da sua formación e experiencia, o seu xeito de cantar caracterízase pola creatividade, o eclecticismo, a experimentación e o carácter difícil de encasillar nun estilo musical concreto así como a interacción con outras artes escénicas: danza, teatro, performance…
Luís Martíns:
https://www.facebook.com/luisdealxan
Músico e luthier inicia en Vigo a sua andadura oficial no taller da EMAO no ano 1996. Alí xurde a sua atracción pola arpa, instrumento que lle acompañará dentro e fora do seu taller. Fórmase como luthier con Ramón Casal e como arpista con Rodrigo Romaní durante os 4 anos de formación académica da EMAO. Foi arpista na orquesta de música tradicional Sondeseu e no cuarteto folk Areoula. Durante a sua evolución como arpista desenvolveu un particular xeito de interpretación forxando un estilo propio que o caracteriza. Actualmente exerce como luthier no seu taller en Soutomaior construíndo arpas e outros instrumentos de corda e participa en varias formacións musicais como 3Estralos e Primordiais, xunto con Marcelo González, co que está a presentar o disco Droguería Moderna.
Prensa e televisión:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=26608
http://www.crtvg.es/cultural/corte-a-corte/raices-aereas-o-novo-disco-de-monica-de-nut-e-luis-martins
http://libreriasisargas.blogaliza.org/2016/09/05/presentacion-do-disco-raices-aereas-con-monica-de-nut-e-luis-martins/
http://e-tradvigo.blogspot.com.es/2016/10/extraescolares-etrad-presentacion-do-cd.html
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/monica-nut-regresa-novo-disco-tradicional-libre/20160822202339050441.html
http://www.radiogalega.gal/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-27-09-2016-2372236
http://praza.gal/cultura/13050/monica-de-nut-ao-final-o-mais-tradicional-e-o-mais-experimental/
http://www.cultura.gal/es/evento/26975/158/30648
http://acertezadamusica.blogspot.com.es/2016/10/monica-de-nut-raices-aereas.html
http://nitope.blogspot.com.es/2016/11/monica-de-nut-uis-martins-raices-aereas.html
CONTACTO:
Mónica de nut
www.monicadenut.com
nut@monicadenut.com
+34 658 056 955
Luís Martíns:
harpaluis@gmail.com
+34 659 507 458
Ana Triñanes:
anatrianes@gmail.com
+34 678 034 593